No DOG do 22/02/2024 publican a RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro de 2024, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galiza e clasificación no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial, escala de expertos/as lingüistas, subgrupo A1, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala técnica de restauración, e escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil, subgrupo A2, na agrupación profesional do persoal funcionario, escalas de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, de persoal subalterno e de persoal de mantemento, subgrupo AP, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.