No DOG do 04/03/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2024 pola que se convocan dous cursos de formación en prevención de riscos laborais para o persoal do Complexo Residencial de Atención de Persoas Dependentes de Vigo (CRAPD de Vigo).

O acceso será a través da páxina web da EGAP: (EGAP) <https://egap.xunta.gal> e, unha vez dentro, haberá que seguir as seguintes instrucións:

1. É preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP. Para iso ten que premer na icona «área de matrícula» da páxina web da EGAP e rexistrarse premendo en «rexistrar unha conta para acceder ás aplicacións», situada na parte inferior da pantalla (no caso de que o/a traballador/a xa estivese rexistrado/a este paso non será necesario).

2. A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

3. Unha vez rexistrado/a e matriculado/a, poderá acceder ao curso o día do seu comezo.