No DOG do 02/04/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2024 pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galiza.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e ata o 12 de abril de 2024.