Novas por contido

No DOG do 02/01/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

- RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

- RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios.

- RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 104 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galiza, intérprete de linguaxe de signos.

- RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual. 

 

No DOG do 29/12/2023 publícase a Oferta de Emprego Público de persoal sanitario funcionario da Lei 17/1989.

As prazas desta OEP 2023 son as seguintes:

Clase

Total prazas ofertadas

Reserva discapacidade

ATS/DUE

3

 

Inspector/a médico/a

5

1

Licenciado/a en Bioloxía

2

 

Licenciado/a en Farmacia

4

1

Licenciado/a en Psicoloxía

2

 

Licenciado/a en Químicas

3

 

Total prazas

19

2

No DOG do 29/12/2023 publican a RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos para o ingreso, pola modalidade específica do persoal laboral fixo, no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial, subgrupo A1; no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial, subgrupo A2; no corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

No DOG do 29/12/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade enfermaría.

- RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de traballo social.

No DOG do 29/12/2023 publican a RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se procede á apertura do prazo para solicitar a participación nos procesos de funcionarización polo persoal laboral fixo que se encontre en situación de excedencia voluntaria, excedencia voluntaria por incompatibilidade ou por prestación de servizos noutra Administración pública e se aproba e se dá publicidade do modelo de solicitude de participación (código de procedemento AP505A).

O prazo de presentación será de tres (3) meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 29/12/2023 publican a RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Política Social e Xuventude, pola que se publica o Acordo sobre as condicións de traballo do persoal dos centros de xestión propia da Consellaría de Política Social e Xuventude, asinado o 5 de decembro de 2023 entre a Administración pública e as organizacións sindicais.

Este acordo aplícaselle a todo o persoal funcionario e laboral da Xunta de Galiza que preste os seus servizos en réxime de quendas na rede de centros de xestión propia da Consellaría de Política Social e Xuventude e no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Con carácter xeral, a xornada de traballo habitual establécese en quendas de 7-7-10 horas, en horarios de mañá de 8.00 a 15.00 horas, de tarde de 15.00 a 22.00 horas, e de noite de 22.00 a 8.00 horas.

Por cada noite traballada de 22 horas a 8 horas aplicarase unha redución de tres horas de xornada, agás o establecido na disposición transitoria primeira.

Garántese que entre a finalización dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán, como mínimo, doce horas. Todo o persoal incluído no ámbito de aplicación deste acordo terá dereito a un descanso mínimo semanal de dous días ininterrompidos dentro dos cales estarán incluídas as 12 horas de descanso obrigatorio entre xornadas. Non obstante, no proceso de elaboración das carteleiras anuais procurarase acadar un período ininterrompido de descanso maior.

Todo o persoal incluído no ámbito de aplicación do presente acordo gozará como descanso os días 24 e 31 de decembro. Se por necesidades do servizo non se puidesen gozar eses días, facilitarase un descanso equivalente durante o mesmo ano natural ou no inmediatamente seguinte.

Con carácter xeral garántese que o descanso semanal coincidirá efectivamente en sábado e domingo nunha proporción dun de cada dous como mínimo (50 por cento).

No DOG do 29/12/2023 publican a RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 28 de decembro de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Política Social e Xuventude.

No DOG do 29/12/2023 publican a ORDE do 27 de decembro de 2023 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galiza nas eleccións convocadas para o día 18 de febreiro de 2024 polo Decreto 150/2023, do 25 de decembro, de disolución do Parlamento de Galiza e de convocatoria de eleccións.

No DOG do 28/12/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galzia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñería técnica industrial, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñería técnica industrial, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados aos segundos exercicios dos procesos selectivos.

No DOG do 27/12/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia e no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo C1), e para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo B).

- RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo C2).

- RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galiza (subgrupo AP).

- RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galiza (subgrupo AP).

 

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...