No DOG do 4 de marzo publicaronse as seguintes resolucións:

  • Resolución do 24 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas. Ir á Resolución do DOG. A este respecto queremos destacar a inmediata resposta por parte tanto Dirección Xeral da Función Pública como da Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS ante o feito de que o día anterior á publicado da referida Resolución, os funcionarios e funcionarias dependentes do SERGAS (incluidas as escalas sanitarias da Lei 17) recibisen unha comunicación cunhas instrucións diferentes e que unha vez clarificado serán de aplicación exclusivamente ao persoal estatutario.

 

  • Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Ir á Resolución do DOG.