Novas por contido

Trala denuncia feita pola CIG o 2 de xullo de 2015 polo accidente mortal do axente forestal Enrique Casanova na extinción dun incendio forestal no concello de Guntín o 27 de xuño de 2015; despréndense os seguintes requerimentos e advertencias da Inspección de Traballo á Consellería de Medio Rural para mellorar a seguridade e saúde das persoas traballadoras que participen na extinción de incendios:

  1. Obriga de realizar os recoñecementos médicos ás persoas traballadoras por parte da empresa (neste caso a Consellería de Medio Rural).
  2. Necesidade de analizar as posibles situacións de emerxencia na extinción dos incendios forestais e adoptar as medidas necesarias en materia de primeiros auxilios e evacuación dos traballadores. Especialmente relevante este último ante a “evacuación desastrosa” que indica o informe e que apunta a mellora nos protocolos de evacuación dos accidentados nos incendios forestais.
  3. Evitar o aillamento das persoas traballadoras participantes nun incendio forestal, traballando en equipo e evitando quedarse só e incomunicado. Despréndese desta advertencia a necesidade de que como mínimo as persoas traballadoras participen na extinción en parellas (e non sós como ocorre con axentes e técnicos).
  4. A Consellería de Medio Rural deberá organizar as relacións que sexan necesarias cos servizos externos, en particular en materia de primeiors auxilios, asistencia médica de urxencia e salvamento, de forma que quede garantida a rapidez e eficacia destes. Este punto concorda coa necesidade, reclamada pola CIG, de dispoñer de servizos sanitarios desplazados aos incendios forestais.
  5. Cumprimento da avaliación de riscos para a seguridade e saúde  das persoas traballadoras, considerando as características dos postos de traballo existentes e das persoas traballadoras que deban desempeñalos, adoptando as medidas preventivas necesarias e prestanco especial atención á non adcripción da persoa traballadora a postos de traballo incompatibles coa súa saúde. Destaca neste punto a necesidade de revisar os protocolos para considerar os informes e antecedentes médicos das persoas traballadoras na extinción de incendios forestais. Subxace nesta advertencia a necesidade, reclamada sucesivamente pola  CIG, de contemplar unha segunda actividade para o persoal dos distritos forestais con antecedentes de saúde incompatibles coa extinción de incendios.

Desde a CIG, levaremos este informe e os puntos que se resaltan nel aos comités de seguridade e saúde de Medio Rural e Extinción de Incendios para que se melloren as medidas preventivas na extinción dos incendios forestais e se eviten situcións futuras como as acontecidas no accidente mortal do compañeiro Quique Casanova.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...