Novas por contido

O goberno do Estado acorda cós sindicatos estatais unha suba do 0,3%, e o goberno da Xunta, asemade, suspende os acordos retributivos sectoriais comprometidos coas organizacións sindicais.

Os proxectos de orzamentos para 2010, tanto da Xunta coma do Estado, contemplan un incremento retributivo para as empregadas e empregados públicos dun insignificante 0,3%, pretendendo que sexamos a clase traballadora quen pague o prezo dunha crise provocada pola voracidade capitalista dos poderes económicos, amparado nas políticas neoliberais imperantes.

Debemos ter en conta que gran parte de empregadas e empregados públicos teñen uns salarios inferiores a 1000 euros/mes, nun cenario de continua perda de poder adquisitivo, xa que os incrementos salariais de anos anteriores foron inferiores ao IPC.

Tanto a calidade como a condición de público no emprego está a ser limitada pola constante diminución do mesmo, como consecuencias das limitacións das taxas de reposición de efectivos (desta volta dun 15%).

Aínda por riba o goberno do PP na Xunta copia os incrementos dos Orzamentos do Estado (tendo facultades para melloralos) e suspende acordos sectoriais comprometidos e asinados cós sindicatos, nos que se contemplan melloras retributivas para os vindeiros anos (cousa que non fixo o goberno do estado).

Dende a CIG reivindicamos:

  • Incremento salarial igual á media da suba dos convenios colectivos do ano anterior.
  • Plan de recuperación do poder adquisitivo nos vindeiros anos e cláusula de revisión salarial.
  • Reposición, como mínimo, do 100% das baixas producidas no ano anterior.
  • Mantemento dos acordos retributivos comprometidos para os vindeiros anos, nos ámbitos respectivos.

Por todo esto as Federacións da Área Pública da CIG (Educación, Sanidade e Administración), convocamos unha concentración de Delegadas e Delegados para o vindeiro

mércores, día 16 de Decembro, ás 11:30 horas,

diante do Parlamento de Galiza, baixo o lema

Polo cumprimento dos acordos. Non a perda do poder adquisitivo.

Outras novas recentes

Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...
Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...