Dende fai un tempo (menos dun ano), o CSIF mudou o seu criterio para criticar a apertura de postos a outras administracións.

Na nosa administración, hai unha serie de prazas abertas a outras que en teoría non deberían superar o 5% do total. En canta Mesa de "negociación" entra como punto da orde do día unha modificación de Relación de Postos de Traballo (RPT), a CIG critica a apertura dos postos mentres non haxa acordo de reciprocidade así como que estas aperturas sexan case na sua totalidade para postos de libre designación.

A intervención do CSIF dende fai pouco é sempre a mesma xustificación absurda para non posicionarse: "como non sabemos a porcentaxe de prazas abertas a outras administracións, e por tanto non sabeos se superamos ou non o 5%, non nos posicionamos".

O venres 4 (Mesa Xeral) tratouse a RPT da Academia Galega de Seguridade, punto que vai aprobarse na Comisión de Persoal do mercores 16 de decembro. Nesa Mesa, o CSIF volveu co seu argumento: "como non sabemos, non falamos". Nesta ocasión os postos abertos son a de secretario/secretaria do director, que abren á administración local, e unha xefatura de servizo de concurso que abren a forzas e corpos de seguridade do Estado, para un posto de tarefas administrativas.

Subliñar que o actual Director da Academia é un coñecido ex-liberado do CSIF, anteriormente ex-subdirector con Fraga, e xogamonos o que sexa a que acertamos o nome da persoa á que se lle vai adxudicar o posto de secretaria do director, posto de libre designación, que vai vir dun concello próximo á academia. Nos vindeiros días vamos poñer o nome nun sobre, e o abriremos o día que se resolva a adxudicación.