No ámbito da Xunta de Galiza concedéronse nos meses de febreiro e marzo pasados un total de 125 novas comisións de servizo e prorrogáronse 231 máis, ao que sumamos 20 novas adscricións provisionais.

Nestes dous meses produciuse un incremento considerable xa que pasamos de 114 novas concesións (a suma de comisións de servizo e adscricións provisionais) nos dous meses anteriores a 145. Con respecto ás prórrogas realizadas, no perído anterior de decembro de 2015 e xaneiro de 2016 concedéronse un total 152, no entanto nos meses de febreiro e marzo deste ano renováronse 231. Ou sexa, un repunte importante, cando menos no referente ás novas concesións. O aumento das prórrogas hai que achacalo, cando menos en parte, á falla de resolución do concurso.

Seguimos reclamando dende a CIG un concurso permanente que minimice o máximo posible esta forma temporal de provisión de postos que ao final se converte en case defintiva dada as frecuencias dos concursos. O que non temos claro aínda, a pesar de certas intencións manifestadas, é que á propia Administración lle interese avanzar nesta cuestión e iso que con ela se evitarían os saltos multitudinarios de persoas entre unidades e se favorecería a boa marcha dos servizos.

Con respecto á calidade das prazas en comisión concedidas ou prorrogadas estes dous meses (nos que non se produciu ningunha revogación) temos os seguintes datos: 

  Nivel 18 Nivel 25 Nivel 28 Subdirección Total *
Novas comisións 26 27 26 8 125
Prórrogas 56 57 14 1 231
Adscricións 1 3 10 3 20

* Inclúe as de todos os níveis.

Á vista destes datos temos que deixar claro que nos parece un escándalo que haxa subdirectores/as que sexan nomeados en comisión e se pasen anos apalancando dúas prazas. Ou que se fagan prórrogas "sine die" desta situación é unha mofa á escasa regulamentación desta situación que fala de 6+6 meses. Xa a nova Lei de emprego público prevé unha situación de privilexio para este persoal para vindeiros concursos, que non teñan tanta présa... O dito, agardemos á pronta resolución do concurso para que se estabilice algo, cando menos, esta provisionalidade crónica e sumamente clientelar que temos nesta Administración.

CONCURSO PERMANENTE, XA!