Á preguntas da CIG sobre as seguintes cuestións, tivemos as seguintes respostas por parte de Función Pública:

CONCURSO DE CORPOS XERAIS

Se están gravando as reclamacións e para a semana nos poderá avanzar algo.

PROCESOS DE PROMOCIÓN INTERNA

Demandamos que se nos adiante unha data aproximada dos segundos exames, principalmente para saber se se realizarán antes ou despois do verán.

Comenta o director xeral que na escala técnica de finanzas (libre e promoción interna) o tribunal avanzou un cronograma coa data do segundo (2ª quincena de xullo) e terceiro exercicio (2ª quincena de outubro) e que se intentará que isto o fagan o resto dos tribunais de promoción interna onde xa está fixada a data do primeiro exercicio.

PROCESOS DE ACCESO LIBRE

Demandamos o mesmo nestes procesos onde aínda non se sabe a data do primeiro exercicio.

Comenta o director xeral que entre a semana que vén e a seguinte comunicarán as datas e que os exames se realizarán antes do mes de agosto.

 

Ademais destas información o director xeral comunicounos que para a semana que vén haberá unha reunión sobre o proceso de integración de Turgaliza