Novas por contido

Aviso do CAU para o persoal que teña unha conta @xunta.es

A migración a .gal do correo corporativo é un dos obxectivos sinalados para 2016 no Plan para a migración dos portais e servizos da Administración pública galega ao dominio .gal.

O vindeiro martes 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas e do Día de Internet, este cambio farase efectivo para todas as contas de correo corporativo da Xunta de Galicia.

Así, a partir desta data todos os correos enviados desde contas que ata agora eran @xunta.es xa o farán como @xunta.gal.

 

En todo caso, seguirá funcionando a recepción dos correos que se envíen ao dominio anterior, co que se recibirán indistintamente os remitidos tanto a @xunta.gal como a @xunta.es


O acceso tanto á sesión do ordenador como a https://correoweb.xunta.gal seguirá funcionando cos actuais sistemas de acceso:

  1. Usando o nome curto de usuario, asociado a súa conta de usuario. Este é o método suxerido. Se non coñece cal e o seu nome curto de usuario, pode consultado no propio portal do correo web, no apartado:: Opcións -> Cambiar o seu contrasinal -> Dominio ou nome de usuario.
  2. Ou mediante a conta de correo orixinal baixo o dominio @xunta.es . No caso de optar por este método é importante que teña en conta que deberá seguir empregando, transitoriamente, a conta de correo orixinal @xunta.es.

Se necesita máis información sobre como acceder ao seu equipo e ao correo web logo do cambio pode obtela nesta páxina da Intranet.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...