Novas por contido

Nesta xuntanza da comisión de seguimento da flexibilidade e do teletraballo, o director xeral de función pública deu resposta a duas das peticións das organizacións sindicais feitas na xuntanza anterior, que consisten no seguinte:

1. Van proceder a realizar unha modificación normativa para trasladar a ampliación da flexibilidade horaria dende as 9:00 ata 20:00 de luns a venres.

2. Ampliación do horario ata as 20:00 nas oficinas de emprego, sempre e cando o persoal teña a chave da oficina.

A maiores, a CIG solicitou realizar os seguintes cambios:

- Que o exceso do computo horario que se produza nun mes poda descontalo no mes seguinte, da mesma forma que se non se chega se pode regularizalo no mes seguinte.

- Trasladámoslle á administración a recomendación realizada pola Valedora do Pobo, en relación a concesión dos 3 días semanais de teletraballo que se solicitan e que non se reduzan a 1 so dia. Tamén lle solicitamos que se inclúan nos listados mensuais a información tanto dos días solicitados coma dos días concedidos.

- Recordóuselle o escrito enviado polo secretario nacional da CIG-Autonómica solicitando a incorporación á nosa normativa do epígrafe 7.2 da Resolución do 28 de decembro de 2012 que afecta aos traballadores da Administración do Estado: “Por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, os empregados públicos con fillos, descendentes ou persoas suxetas a súa tutela ou acollemento de ata 12 anos de idade, poderán acollerse a esta modalidade de xornada intensiva dende o 1 de xuño e ata o 30 de setembro de cada ano. Este dereito poderá exercerse tamén no ano en que o menor cumpra a idade de 12 anos”.

A directora xeral de avaliación e reforma administrativa resposta que terán en conta incluír os datos solicitados nos listados. Indica tamén que ten coñecemento da recomendación da Valedora do Pobo, indicando que está relacionada cun silencio administrativo.

O director de Función Pública di que estudará a petición da CIG deste novo dereito para os traballadores, indicando que se puidese ser farían unha proposta de modificación normativa para antes de finais deste mes e así poder aplicalo xa neste ano.

Por parte da CIG volvemos facer finca pé na diferenza de dereitos horarios entre o persoal que traballa a quendas co resto do persoal, sobre todo a nivel de redución de horarios de verán ou de festividades. Polo que solicitamos unha revisión. O director de Función Pública comenta que se están a estudar os datos das horas anuais de traballo dos afectados en relación co resto dos traballadores, e que se nos facilitarán os datos para poder valorar e tomar decisión.

Para rematar
-Solicítase o dato estatístico porcentual das causas de negacións de flexibilidade. Tamén se solicita que os datos sexan desagregados por sexo.
-Indícase que non hai criterios homoxéneos nas distintas consellerías, direccións xerais e subdireccións para a denegación ou para admisión de peticións de flexibilidade por conciliación ao persoal.
-Solicitude de redución de horario de presenza obrigatoria.
-Creación dun protocolo ao persoal a quendas para poder ter unha flexibilización horaria como o resto dos traballadores.

O resto das organización sindicais tamén solicitan que se leve a efecto a petición da CIG da xornada intensiva dende o 1 de xuño ao 30 de setembro.

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.