Novas por contido

Os funcionarios e funcionarias do corpo de farmacéuticos inspectores de saúde pública (FISP), concentraranse novamente o mércores 25 de maio diante da Consellería de Sanidade ante a falta de resposta ás súas lexítimas demandas

Denuncian diante da Inspección der Traballo as ordes “ilegais” que están remitindo os Xefes de Servizo para intentar presionar, coaccionar e ameazar aos FISP, nun claro intento de desnaturalizar o exercicio constitucional do dereito de folga.

Os sindicatos CIG, CCOO, CSIF e UGT veñen de presentar denuncias diante das Inspeccións de Traballo das 4 provincias contra as ordes dos Xefes de Servizo, que pretenden impedir o exercicio constitucional do dereito de folga. Non lles chegou con poñer servizos mínimos abusivos para boicotear a folga senón que ademais están “obrigando” aos FISP a realizar traballos que os días ordinarios non son nin urxentes nin imprescindibles para garantir a saúde ambiental da cidadanía.

Parece ser que o único que lles preocupa da vixilancia sanitaria das praias é a recollida de mostras, presionado incluso para que non se cumpra todo o que estipula o Real Decreto 1341/2007, de 11 de outubro, sobre xestión da calidade das augas de baño.

Na provincia de a Coruña, a xefatura de servizo presiona coa realización de actividades non esenciais, facendo discriminación entre praias, como se uns bañistas foran máis importantes que outros. O criterio seguido polas xefaturas de servizo é xustamente o contrario do criterio técnico seguido polos FISP, xa que ordenan que se recollan mostras de augas das praias con menor risco (as que teñen bandeira azul), mentres que outras augas de baño e praias con maior risco para os bañistas non se lle dá prioridade.

Estas decisións, amparadas desde a Subdirección Xeral de Relacións Laborais e Réxime Xurídico, obedecen a un claro intento de baleirar de contido a folga, vulnerando un dereito constitucionalmente protexido, en vez de proceder a convocar unha mesa de negociación para buscar solucións aos problemas dos FISP que se levan denunciando desde fai máis de 10 anos.

Resulta evidente a hipocresía da Consellería de Sanidade que polas tardes ou os fins de semana de todo o ano non lle preocupa a saúde ambiental dos cidadáns e pola contra, diante dunha convocatoria de folga legal, si se “acorda” impoñer servizos que nin son urxentes, nin mínimos abusivos.

A pesar das ameazas, das presións ou mesmo das coaccións, os Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública vanse CONCENTRAR novamente o día 25 de maio, a partir das 11:00 horas, diante da Consellería de Sanidade, en San Lázaro (Santiago de Compostela), para seguir esixindo a apertura dunha mesa de negociación que dea resposta ás demandas que levan formulando desde o ano 2006, así como para que o servizo de saúde ambiental acade os parámetros de calidade necesarios para atender ao conxunto da poboación galega.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...