Obviando as innumerábeis sentenzas gañadas pola CIG e as necesidades preelectorais, confunden goberno, partido e sindicato

A Administración anuncia que vai devolver a parte devindicada da extra de 2013 toda neste ano, despois de amagar con pagala en dous anos.

Isto débese fundamentalmente ás seguintes cuestións:

  1. A CIG ven gañando múltiples sentenzas, como podedes ver por exemplo aquí, ou aquí, ou aquí, e non seguimos para non cansar…
  2. O obxectivo da liña seguida pola CIG de presentar demandas xudiciais en todos os ámbitos tanto laborais (Administración Xeral, SERGAS, ensino, entes, etc) como territoriais era tratar de conseguir unha posterior extensión de sentenza, xa que no caso do persoal funcionario non existe a vía do conflito colectivo, para o cal, unha vez gañadas, teríamos a oportunidade de que a Xunta tivese que aceptar esa extensión.
  3. Unha vez que a Xunta se ve obrigada a pagar, prefire, ante os procesos electorais que este ano lle poden pasar factura ao goberno autonómico que máis recorta dereitos de todos, facer pasar isto como iniciativa propia máis que como froito de ser vencido pola CIG nos tribunais.
  4. E en vez de pagalo recorre á estratexia de intentar conseguir apoio sindical para algo que cando o recortaron non precisaron ningún apoio.

Neste “complicado” proceso, para poder devolver o que as sentenzas gañadas indican, o Partido Popular, centra, e CSIF remata de cabeza en propia meta anunciando que a Xunta vai pagar porque alcanzaron “un acordo”.

Un “acordo”, que como medida electoral prevee pagar as extras completas no 2017, algo que o PP ven anunciando dende hai tempo, incluso antes de aprobar estes Orzamentos Xerais, porque saben que non van repetir e que os compromisos os leva o vento. E nada din da recuperación completa das extras do período 2013-2016, nin de recuperar o resto dos dereitos laborais.

Así, neste mercadeo, CSIF chega a pedir que en vez de pagar o 50% en dous anos que paguen o 70% neste (pouca ambición), a Xunta comprométese a pagar o 100%, e saen á palestra, nun exercicio esquizoide donde xa non saben se falan como CSIF ou como PP anunciando que conseguiron que se nos pague un terzo do específico da extra de xuño de 2013. Obviando por suposto as sentenzas gañadas pola CIG.

Fantástico!! Grazas PP...digo CSIF