Novas por contido

O persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autonóma de Galiza que o vindeiro día 26 de Xuño non desfrute do seu descanso semanal terá dereito a un permiso retribuído de ata catro (4) horas libres para exercer o seu dereito ao voto, sempre que a súa quenda de traballo coincida polo menos en catro horas co tempo en que permanecerán abertas as mesas electorais.

O persoal que na data do 26 de Xuño non se atope na localidade onde lle corresponda exercer o seu dereito ao voto, disporá dentro do seu horario laboral, de ata catro (4) horas libres para formular persoalmente a solicitude de certificación acredidativa da súa inscrición no censo, así como para a remisión do voto por correo.

O/A traballador/a que o 26 de Xuño sexa nomeado membro/a dunha mesa electoral, así como aqueles/as que acrediten a súa condición de interventores/as, terán dereito durante o día da votación a un permiso retribuído de xornada completa, se non desfrutan en tal data de descanso semanal, e a unha reducción da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior. O persoal que acredite a súa condición de apoderado/a tamén disporá de permiso retribuído durante o día da votación, sempre que non disfrute nese día de descanso semanal.

A acreditación do persoal nomeado presidente/a ou vogal de mesas electorais ou da condición de interventores/as ou de apoderados/as, realizaráse mediante a presentación da certificación documental na dirección ou xefatura de persoal.

O persoal que se presente como candidato/a ás eleccións do víndeiro 26 de Xuño de 2016, poderá ser dispensado, logo da súa solicitude, da prestación do servizo na súa respectiva unidade durante a campaña electoral, é dicer, den as cero horas do Venres, 10 de Xuño ata as vinte e catro horas do Venres, 24 de Xuño.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...