Novas por contido

Medio Rural disculpouse polo feito de convocarnos o venres a derradeira hora da mañá para  esta xuntanza da Comisión de Seguimento do persoal do SPDCIF. Adxuntaron ao correo, borrador de cuadrante de traballo para a campaña 2010.

O primeiro punto foi aprobación da acta 3/2009 da Comisión de Seguimento celebrada en data 29 de Outubro. Pois ben, non ai por onde collela, polo que se lle fixo un montón de alegacións, quedando en enviarllas por correo electrónico para a súa modificación e posterior aprobación.

O segundo punto a tratar, estudo do cuadrante de traballo para o ano 2010.

Por parte do Director Xeral de Montes fai as seguintes apreciacións ao cuadrante presentado:

  • Que cumpre o establecido no Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galiza.
  • Que aínda que cumpre co establecido no C.C.Ú. un cuadrante de traballo deberá ser flexíbel a hora de poder ser modificado como consecuencia de inserir as vacacións do persoal. Aínda así, insiste en que confían no seu funcionamento durante todo o ano 2010.

Por parte da CIG fixéronse as seguintes apreciacións:

• Na derradeira xuntanza (29 Outubro) quedaron en convoncarnos en máis menos 15 días. Transcurriron cáseque 2 meses. Agora entroulles a presa.

• Dado que non tivemos tempo material para estudalo, quedamos pendentes en darlle unha resposta, aínda que a primeira vista, cumpre co máximo de horas anuais, descanso semanal de 2 días naturais, descanso de domingos alternos durante todo o ano, descanso da metade dos festivos en cómputo anual, compensacións por domingos e festivos traballados.

• Faltaría por incluir as quendas de traballo, para os dous niveis de risco marcados.

A partires de aquí entramos nun debate en relación aos cuadrantes de traballo sen interés, aínda que dende a CIG lles fixemos varias valoracións en relación novamente aos cuadrantes:

- Entrega de cuadrantes para primeiros de ano, en aplicación do establecido no C.C.Ú.

- Sinatura polo responsábel do distrito e co selo do centro dos cuadrantes de traballo.

- Deberán achegar este borrador de cuadrante aos comités de empresa para a súa aprobación, cumprindo deste xeito o establecido no C.C.Ú. Quedaron en remitilos mañá martes 22 de Decembro, estando os comités obrigados a tomar unha decisión ao respecto.

Para rematar a xuntanza, comentou o Director Xeral de Montes que para finais do mes de Xaneiro de 2010, voltarán convocarnos para tratar os puntos tratados na derradeira xuntanza mantida no mes de Outubro.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...