Manifestación, domingo 19 de xuño, ás 11:30 h, na Doblada.

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, formada por máis de 70 colectivos, asociacións, ONGD, sindicatos entre eles a CIG e partidos políticos convocamos novas mobilizacións en toda Galiza.

Baixo o lema ' Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras' A Coruña, A Guarda, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo sairán ás rúas para esixir rutas legais sen condicións; o cumprimento dos convenios internacionais en materia de asilo e refuxio; que se revise en profundidade a política migratoria e exterior europea; e o respectos dos dereitos humanos das persoas que se viron obrigadas a fuxir da guerra, a violencia e a fame. En Vigo, a manifestación será este vindeiro domingo 19 de xuño, ás 11:30 horas, na Doblada.