Nas visitas de prevención de riscos realizadas este ano nas oficinas agrarias comarcais da Consellería do Medio Rural en Ourense, comprobamos que os extintores teñen o retimbrado caducado e non se lle está a facer o mantemento anual obrigatorio.

Esta situación repítese no resto de OACs da provincia de Ourense.

Dende a CIG solicitamos ao xefe territorial en Ourense da Consellería do Medio Rural que poña solución o antes posible a esta situación de risco para os traballadores.