O xoves 23 de xuño van realizarse exames de oposicións de ensino en diversos centros educativos por todo o País.

Recibidas queixas do persoal subalterno dalgún centro de ensino, ao que se lle dixo que obrigatoriamente tiñan que prestar asistencia aos tribunais de selección, queremos lembrar que esta asistencia é voluntaria e retribuída (insuficientemente en comparación con outras persoas e procesos).

Caso de que che obriguen a asistir, contacta coa CIG.