Achegou Función Pública unha proposta de supresión/refundición/ordenación das categorías profesionais do persoal laboral da Xunta, grupos IV e V. 

A proposta de Función Pública consiste en:

  • Suprimir aquelas categorías nas que non existen traballadores ou soamente hai persoal interino.
  • Extinguir aquelas categorías que se van a manter ata que o persoal que a ocupe a abandone por xubilación ou por cambio de categoría mediante o concurso.
  • Refundición de categorías: agrupar varias categorías nunha soa.

O documento tamén inclúe categorías a funcionarizar.

Se queres dicirnos algo, podes contactar coa CIG.