Novas por contido

Na Comisión Central de listas de contratación do 25 de abril chegouse a un acordo, vella reivindicación da CIG, aplicable ás reclamacións que se presenten ante a Comisión en casos de permisos por parto, adopción ou acollemento. Na pasada reunión do 21 de xuño, a Administración presentounos a proposta de texto definitivo, que se aprobou por unanimidade. Pese a que este acordo non cumpre exactamente coa proposta da CIG, que era  a de que se permitira ás persoas que se atopen nesta situación no momento de ofertárselles una vacante, poder collela e posteriormente seguir coa baixa ou permiso, dende a CIG entendemos que mellora considerablemente a situación que había ata agora.  

A redacción do acordo quedaría do seguinte xeito: 

 As persoas integrantes das listas que estean a desempeñar un posto non vacante e se atopen disfrutando dun permiso por parto, adopción ou acollemento e lles sexa ofertado un posto vacante como mellora, se non comparecen á citación non lles será consumida a opción de mellora.

As persoas interesadas deberán presentar, segundo o caso, a seguinte documentación xustificativa: a mesma que se esixe no anexo II da Resolución do 24 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas (DOG nº44, do 4 de marzo), para o permiso de parto e para o permiso por adopción ou por acollida preadoptiva, permanente ou simple.

 En concreto:

  1. Suposto de parto: certificado médico oficial, certificado do nacemento do Rexistro Civil ou presentación do libro de familia que acredite a data en que se produciu o nacemento.
  2. Adopción ou acollida preadoptiva, permanente ou simple: resolución administrativa ou xudicial da adopción ou da acollida, na cal conste, se é o caso, o carácter internacional da adopción ou da acollida.

Esta acordo amplía o adoptado con anterioridade na comisión do 13 de marzo de 2007, acta número 4, no que se acordaba incluír entre os casos nos que se apreciará a forza maior para os efectos de que non sexa de aplicación o artigo 15 do decreto 37/2006, os seguintes supostos:

 CITACIÓNS POR MELLORA DE POSTO.

Será necesario presentar a seguinte documentación: parte de baixa ou certificado de ingreso hospitalario.

Efectos da reclamación en tempo e forma: estimaranse as reclamación que cumpran os requisitos sinalados.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...