Novas por contido

Esta xuntanza (13/11/09)  celebrouse como consecuencia da petición por parte do Comité de Empresa do persoal laboral de Medio Rural de Ourense. Pasouse a debater sobor dos asuntos tratados na derradeira xuntanza do Comité de Empresa celebrada en data 28 de Outubro de 2009. Estes puntos foron os seguintes:

1º. Cuadrantes de traballo.

Acolléndonos ao establecido no V Convenio Colectivo Único (en adiante V C.C.U.), negociación dos cuadrantes de traballo, respetando o seguinte:

  • Horas totais anuais a realizar como máximo, 1.665.
  • Cuadrantes en función do nivel de risco, alto e baixo.
  • Fixación nos cuadrantes das quendas de traballo, sendo éstas rotativas. O cambio dunha quenda a outra a realizar no sábado. En baixo risco a duración das quendas é de 7 horas. En alto risco de incendios forestais é de 8 horas.
  • As bandas horarias, as establecidas no Acordo de condicións especiais de traballo do persoal do SPDCIF da Xunta de Galiza.
  • Descanso de 12 horas ininterrumpidas entre o remate dunha xornada e o comenzo da seguinte.
  • Entrega a cada traballador/a dunha copia do cuadrante a primeiros de cada ano, asinado polo responsábel do distrito e co selo do centro de traballo.
  • Baixo risco, descando en domingos alternos e na metade dos festivos.
  • Alto risco, 1 domingo ao mes como mínimo e a metade dos festivos.
  • Compensacións por domingos traballados. Día traballado, día compensado. Deste xeito é máis sinxelo levar o control de tódolos días de compensación. A compensación, conforme o previsto no V C.C.U.
  • Libranzas, 2 días naturais ininterrumpidos.
  • Libre festivo. Festivo traballado, compensación o máis aproximado ao festivo traballado. Igualmente co domingo traballado, mellor control dos días de compensación.

2º. Prolongación da xornada laboral.

As horas de prolongación das quendas por necesidades de extincion de incendios forestais non excederán das 4 horas diarias e das 80 anuais, sendo compensadas en días libres, dacordo co previsto no V C.C.U.

Dado que se deron casos de incumprimento de convenio por parte da Administración neste punto, recordouselle a Medio Rural que en baixo risco chegaríase ás 11 horas de traballo continuado e en alto risco ata as 12 horas como máximo.

3º. Garda localizábel.

Aplicación do establecido no V C.C.U. Establécese unha garda localizábel de 15 días en grupos de 5 días consecutivos de traballo como máximo ao mes, distribuídos durante o período de inactividade laboral dos fixos discontinuos, respetando as 12 horas de xornada máxima de traballo.

A cuadrilla ou motobomba de garda localizábel será sempre a que entre en 1ª quenda, estando de garda dende as 4 da mañá (remate da xornada de traballo da derradeira cuadrilla ou motobomba) ata as 8 da mañá, hora na que comenza a xornada a cuadrilla ou motobomba de garda.

Compensación de 150 € por cada mes de garda.

4º. Vacacións.

Obrigatoriedade do/a traballador/a a solicitar as vacacións antes do 1 de Marzo.

Obrigatoriedade de Medio Rural de inserir os períodos vacacionais do persoal no cuadrante de traballo antes do 30 de Abril.

Os períodos a disfrutar, 22 días hábiles no verán e 30 días hábiles fóra da época de máximo risco.

5º. Compensación por horas extraordinarias.

Cando Medio Rural conceda compensacións por horas extraordinarias realizadas, comunicación o/a traballador/a que dita compensación é en base as citadas horas extras. Cando a situación climatolóxica así o permita, Medio Rural avisará con 48 horas de antelación do feito de non entrar a traballar, con cargo á compensación de horas extraordinarias.

6º. Permisos e licenzas.

Solicítase que os permisos e licenzas no caso de ser denegados, terán que estar motivados e por escrito, en aplicación do establecido no V C.C.U. Os permisos solicitaránse con 3 días hábiles de antelación no Distrito Forestal ou Comarca, tendo a obrigatoriedade o Xefe do

Distrito ou persoa encargada ao efecto, de asinar o recibí da solicitude, debendo figurar tamén o selo do propio Distrito.

Dado que os Distritos Forestais da provincia de Ourense non teñen o mesmo número de persoal, establécense os seguintes criterios de xeito que Medio Rural poida denegar os permisos e licenzas:

  • Baixo risco. Denegación de permisos e licenzas cando haxa 3 ou menos persoas por cuadrilla.
  • Alto risco. Cando haxa 3 ou menos persoas por cuadrilla e dependendo da situación climatolóxica.
  • Motobombas. Denegación de permisos e licenzas en baixo risco cando haxa 2 ou menos por Distrito, salvo no Distrito Forestal XI. O Ribeiro – Arenteiro quedando establecido en 1. En alto risco non se establece criterio dado que a través do Pladiga é contratado persoal en número suficiente.

7º. Fornecemento de comida e bebida nos incendios forestais.

Xestionar o máis axiña posíbel, o reparto de comida e bebida de maneira que, todo o persoal destinado nas tarefas de extinción de incendios forestais lle sexa entregado o bocata durante ou ao remate da extición.

8º. Formación.

Solicítase formación axeitada para todo o persoal dependente do Departamento Territorial da Conselleria do Medio Rural de Ourense. No caso que nos corresponde, ao persoal laboral do SPDCIF será preciso impartir canto antes o curso de aplicador de productos fitosanitarios, dado que se está a traballar con productos tóxicos.

9º. Protocolo da gripe A.

Pregúntase si está establecido o protocolo no caso de gripe A.

10º. EPIS.

Solicítase que todo o persoal dependente de Medio Rural de Ourense dispoña de EPIS. Temos constancia de centros de traballo onde están sen equipos de protección. No caso do SPDCIF o persoal precisa EPIS de prevención. Faiselle saber a Medio Rural da necesidade de calzado de goretex para o persoal de Fontefiz.

11º. Puntos de encontro.

Solicítase unificar os puntos de encontro nas diferentes comarcas dos Distritos Forestais, dispoñendo éstes de todo o necesario para o aseo e o descanso do persoal.

12º. Distrito Forestal XII. Miño – Arnoia, comarca forestal: Celanova, punto de encontro.

Está orzamentado a construcción dun punto de encontro para as cuadrillas e motobombas desta comarca. Solicitamos información ao SPDCIF pola paralización da obra.

13º. Distrito Forestal XI. O Ribeiro – Arenteiro.

Facémoslle saber aos responsábeis de Medio Rural que na sala de descanso encontrámonos con unha centralita dos equipos informáticos. Solicitamos a súa retirada e colocación noutro punto na nave do Distrito.

14º. Cambio entre traballadores de diferentes cuadrillas.

Nos Distritos da provincia están a facerse cambios entre os/as traballadores/as de diferentes cuadrillas dentro da mesma comarca. Solicitamos que traballadores/as doutras categorias profesionais do SPDCIF poidan acceder ao cambio do mesmo xeito co persoal de cuadrillas.

15º. Cobertura de baixas e vacantes.

Dado a escasez de persoal no SPDCIF é preciso a cobertura de prazas vacantes así como as baixas laborais.

Dende Medio Rural, fixéronnos as seguintes apreciacións:

1) Cuadrantes de traballo. Pídennos un prazo entre 15 e 20 días para estudiar o cuadrante que o Comité de Empresa lle fixo chegar nesta xuntanza. Para a próxima xuntanza presentaránnos un modelo de cuadrante para o ano 2010.

2) Protocolo gripe A. Non existe un protocolo específico para Medio Rural. No caso de darse algún caso tomarán as medias pertinentes dacordo co establecido por Sanidade.

3) EPIS. Farán as comprobacións pertinentes nos centros de traballo de cara ao reparto dos equipos de protección.

4) Punto de encontro, comarca Celanova. A obra comenzou pero recibiron ordes da Conselleria de paralizar tódalas construccións que se estaban a levar a cabo. En canto a unificación dos puntos de encontro, consideran que é unha cuestión a tratar coa propia Conselleria.

5) Centralita de equipos informáticos na sala de descanso no Distrito XI. Comentou o Xefe de Distrito que xa estiveron pola nave responsábeis do Centro de Redes para estudar a retirada da centralita. Según o citado centro, é dificil a súa recolocación noutro punto da nave do Distrito.

6) Cobertura de baixas e vacantes. Non teñen capacidade para darlle cobertura as baixas e vacantes dado que Economía non lles deixa gastar do capítulo 1 dos orzamentos.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.