Concurso de traslados de corpos xerais: a comisión de baremación rematou o seu traballo o martes 5. Prevén que neste mes de xullo sexa publicada a lista definitiva. Toma de posesión despois do verán (setembro).

Procesos selectivos pendentes de convocar:

  • Para a semana remitirán os borradores das bases de gardacostas e delineantes.
  • As bases de persoal veterinario tentarán achegárnolas ao longo deste mes de xullo (din que están pendentes de consenso entre as consellerías implicadas). 

Procesos selectivos de corpos xerais (acceso libre):

Nas anteriores semanas foron aparecendo publicadas no web de Función Pública (e algunha xa no DOG) as resolucións dos tribunais coa convocatoria dos primeiros exames do A1, A2, C1 e C2:

  • A1 (DOG 22/06/2016): venres, 8 de xullo de 2016, 16:00 h, pavillón nº2 recinto feiral Silleda
  • A2 (DOG 29/06/2016): sábado, 9 de xullo de 2016, 16:00 h, pavillón nº2 recinto feiral Silleda
  • C1 (DOG 30/06/2016): sábado, 9 de xullo de 2016, 9:30 h , pavillón nº2 recinto feiral Silleda
  • C2 (DOG 30/06/2016): venres, 15 de xullo de 2016, 16:00 h, pavillóns nº1 e nº2 recinto feiral Silleda

Procesos selectivos de corpos xerais (promoción interna):

En canto á promoción interna están xa publicadas todas as notas dos primeiros exercicios: as últimas foron as do A1 e as do resto xa foron publicadas no DOG, sendo as últimas as do A2 (DOG 30/06/2016).

Con relación aos segundos exercicios, de momento só o C1 ten resolución co lugar e día da convocatoria que respecta a previsión inicial da primeira quincena do mes que vén, o resto de grupos só teñen previsións, aínda que xa do día exacto: