Novas por contido

O día 28 de decembro tivemos as OOSS unha xuntanza coa Consellaría de Traballo e Benestar para o seguimento do Acordo sobre persoal dos centros de Traballo e Benestar.

Información sobre a disponibilidade orzamentaria.

En principio a secretaria xeral de Traballo e Benestar mantén a súa postura de cumprir co pacto, pero deixou moi claro que neste ano non ían aumentar o orzamento para o Capítulo I, xa que eran ordes de Facenda.

Polo tanto comprométese, pero ”a súa maneira” e con moitas dúbidas xa que o que nos propón para este ano 2010 son uns 3 millóns de euros que é a cantidade que quedou dos cartos que non se gastaron no 2008 e 2009, cantidade a que lle falta o sobrante da creación das prazas da Dependencia (que eran 6 millóns de euros dos que so se gastaron 5.664.901 eur, polo tanto aí faltan 330.000 euros, que si estaba acordado no anterior pacto de destinalo a creación de postos).

Tamén falta unha cantidade duns 800.000 euros que é diferenza da proposta do anterior pacto 1.813.909 para o ano 2008 mais uns 2.000.000 euros que estaban previstos para o 2009. A resposta que nos da e que é o que hai, que só son eses 3 millóns de euros e que non lles consta ese sobrante de Dependencia.

Respecto aos cartos que faltan do 2008 di que foron gastados noutros capítulos orzamentarios.

De todas maneiras quedou de nolo ía aclarar na próxima xuntanza e que xa pedira unha certificación a Tesourería-Economía.

A pregunta do millón que lle fixemos foi que qué pasaba ca diferenza destes 3 millóns ata os 15.878.000 eur que era a proposta total do anterior pacto e que era para desenvolver ata o ano 2012 e que si se ía manter ou non, xa que tocabamos a 6 millóns de euros para o 2011  e outros tantos pro 2012.

A resposta foi evasiva: que se a crise, que si non se podía comprometerse máis alá do 2010, etc, pero o máis sangrante foi o que cando se fixo referencia as prazas creadas con código 00 e que están pendentes de entrar en RPT como é o caso de prazas do Centro de Día de Burela, prazas de auxiliar da asistida de Vigo (que son máis de 40), o que nos di e que en principio teñen que entrar orzamentariamente neses 3 millóns de euros, polo que realmente segundo esas contas quedarían cartos para crear uns 50 postos para toda Galiza aproximadamente.


Pluses

A Administración mantén que no 2010 non se van negociar os pluses que faltaban por dar.


Postos de nova creación.

Pídennos que pensemos que postos se van crear, pero dándolle preferencia a centros de asistidos, descartando Escolas Infantís ( xa que traslada o problema do persoal a Consellería de Educación ), e tendo en conta onde se fixeran máis acumulacións de tarefas nos centros nestes anos atrás.

A isto último pedímoslles que á nos adiantaran a súa proposta antes da próxima reunión e que a estudaríamos para traballar sobre ela.

Pero todo isto quedou pendente para unha próxima reunión para finais de xaneiro e na que lle pedimos que  nos aclarase o seguinte:

  1. Cal ía ser claramente a nova proposta e que se nos dixera onde quedaron eses cartos “ perdidos “.
  2. Cantos cartos se gastaron en Acumulacións de Tarefas no ano 2009 e que postos se ocuparon e en que centros.
  3. Cales son e canto supoñen en cartos os postos creados sen código 00, e se realmente teñen que ir orzamentados nestes 3 millóns de euros.



Acumulacións de tarefas no ano 2010.

Se nos dixo que as acumulacións que se fixeran ata o 31 de decembro deste ano só se facían co consentimento da Dirección Xeral de Orzamentos e que agora había que contar ca autorización tamén da Dirección Xeral de Avaliación, e dicir que se van a mirar con lupa pero que en principio non vai a haber problema cas renovacións sempre que sexan necesarias, polo menos nos centros de asistidos.

Moito nos tememos que isto sexa un atranco máis para impedir facer as acumulacións de tarefas no 2010.


Asuntos propios.

Outro dos temas que se trataron foi que a día de hoxe había moitos compañeiros que non puideran coller os días de asuntos propios, e pedímoslles solucións. Entre as propostas vanse estudar as de ampliar mais alá do 15 de xaneiro o tempo de coller os asuntos propios do 2009, ou a de pagarllos a xente que non os puidera disfrutar.


Residencias.

A CIG expuxo o tema da Residencia de Carballiño, e que o que ía pasar tanto cos residentes coma co persoal. A Administración, ao igual que fixera anteriormente o xefe territorial de Ourense foi incapaz de dar unha resposta seria. Esiximos tamén o cese do director da Residencia dos Milagres, non obtendo resposta por parte da Administración.

De tódolos os xeitos todolos os compañeiros se queixaban dos directores dos centros, e preguntaban que para cando o relevo xa que os centros non funcionaban.


En definitiva, que a Administración insiste de cara á galería en querer cumprir o pacto, aínda que recordaron varias veces que no SERGAS xa se incumpriron pactos asinados co anterior goberno e non pasou nada. Isto só ten un nome: ameazas e falta á palabra dada é á boa fé negocial.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...