No DOG do 7 de xullo  publícase a Resolución do 23 de xuño de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2015 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As listas atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e tamén poden consultarse no portal web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), na epígrafe Función pública.

Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1 e 114 ao 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160707/AnuncioCA01-010716-0004_gl.html