Dende a CIG queremos expresar o noso apio a todas as compañeiras, compañeiros e ás familias dos feridos nos incendios de Ribas de Sil en Lugo e Lobios en Ourense.

Queremos manifestar que o traballo da extinción de lumes forestais e moi perigoso e moitas veces os traballadores poñen en risco as vidas.

Nas condicións actuais de altísimas temperaturas e baixa humidade relativa o traballo, xa de por si perigosas, se multiplica exponencialmente  polo que a Xunta debera adoptar medidas excepcionais de precaución na intervención dos lumes forestais. O adestramento e a formación é imprescindíbel para minimizar os risco e a Xunta de Galicia do Partido Popular trata este traballo como outro calquera e non forma ao persoal de forma axeitada nin aplica protocolos normalizados como pode ser o protocolo OACEL.

Dende a CIG esiximos que en situacións tan adversas tanto de carga de combustible coo de condicións climáticas sexan adoptadas medidas preventivas extraordinarias e que se proceda á formación do persoal de forma axeitada mediante protocolos claros e técnicas de autoprotección contra o lume.