Novas por contido

As organización sindicais CIG, CCOO, CSI•F e UGT denuncian a situación de emerxencia que o goberno da Xunta levou ó Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF), co desmantelamento paulatino do SPDCIF a través das súas políticas de disgregación dunha parte do dispositivo e a privatización doutra.

A irresponsable fragmentación levada a cabo pola Consellería do Medio Ruraldo dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais, a través dun complexo entramado de organismos, empresas e institucións, está prexudicando gravemente a eficiencia do que sempre foi un servizo público de contrastada eficacia coa única fin de servir a escuros intereses económicos e electoralistas.

Dende as OOSS asinantes queremos poñer en coñecemento da opinión pública que a precarización das condicións de traballo, a falta de medios, tanto materiais coma humanos, así como a inestabilidade laboral e profesional a que o goberno da Xunta quere condenar os profesionais do SPDCIF, pon en grave risco a capacidade do servizo nas tarefas de extinción e prevención de incendios e supón unha gravísima neglixencia por parte dos seus responsables.

Asemade, o incumprimento do Goberno do Partido Popular respecto ao seu compromiso público de recoñecemento da profesión de bombeiro forestal e a súa teima en manter de forma ilegal ós traballadores da extinción de incendios como “peóns forestais e da caza”, impide o acceso do colectivo ao recoñecemento de enfermidades profesionais propias do traballo desempeñado e o recoñecemento dos correspondentes dereitos legais a redución da idade de xubilación.

Por todo elo, vimos de convocar unha manifestación dos traballadores do Servizo Público de Prevención e Extinción de Incendios Forestais para o día 1 de Setembro de 2016 na PRAZA DO OBRADOIRO ás 11:00 horas. Asemade, e tras a ruptura do diálogo por parte da Administración, as catro OOSS vimos de presentar un escrito dirixido á Consellería de Facenda para que recapaciten e volvan a mesa de negociación, xa que, só a través do diálogo e a negociación pode acadarse unha solución satisfactoria para os graves problemas que afectan o SPDCIF.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...