O día 28 de decembro de 2009 reuníuse a Comisión de Seguimento do Acordo para a mellora das condicións laborais da Gardería Fluvial de Augas de Galiza. Nesta comisión tratáronse os seguintes temas:

  • Pluses de toxicidade e penosidade
  • Creación da Axencia Pública Augas de Galiza

1º. Pluses de toxicidade e penosidade. Por Augas fannos chegar copia da solicitude de informe favorábel para a asignación dos citados complementos aos postos de traballo que conforman a Gardería Fluvial (Xefes de equipo e Gardas de explotación) que remitiron a Función Pública no mes de Xuño de 2009. Están pendentes do informe da F.P. para proceder a modificación das RPT. Quedaron en facer novas xestións para axilizar a asignación dos pluses.

2º. Creazón da Axenza Pública de Augas de Galiza . Dende a CIG plantexamos a necesidade da negociación coas organizacións sindicais da nova Lei de Augas, onde inclúe a creazón da axenza. Dado que ata agora non houbo ningunha xuntanza para tratar a nova lei, por unanimidade das OO.SS., plantexouselle a funcionarización do persoal laboral da gardería, por mór das funcións que están a desenrolar o persoal. É preciso no proxecto da lei, recoller a creazón das diferentes escalas, así como o proceso de integración. Para esto, solicitamos unha Comisión de traballo para desenrolar este proceso. Do mesmo xeito, as OO.SS, presentaremos unha proposta de funcionarización. Por Augas respontan que estudarán a proposta que lles fagamos chegar e nos darán unha resposta. A idea que ten Augas de Galiza para o persoal  é a integración ou adscrición á Lei, pero sempre coma persoal laboral, aínda que non pechan a porta á funcionarización.