Ao igual que pasou nas eleccións autonómicas de 2012, a Xunta volve organizar o dispositivo de desenvolvemento da xornada electoral do día 25 maioritariamente con empregadas e empregados públicos cando tiña a posibilidade de chamar a persoas desempregadas a través das oficinas de emprego.

Ademais, todo o proceso selección de persoal reviste de escurantismo e falta de publicidade: nalgunha consellería en servizos centrais mandaron correos ao persoal; nas delegacións territoriais, cada unha fixo á súa maneira, nalgunhas dándolle algo de difusión, noutras chamando directamente a persoas “amigas”.

A conclusión é que a maior parte do persoal da Xunta non foi informado da posibilidade de participar nestas tarefas.

Dende a CIG volvemos a esixir que está selección se faga entre as persoas en situación de desemprego, usando criterios obxectivos (cargas familiares, renda,
antigüidade como desempregado) e se lle dea a publicidade adecuada.