Novas por contido

A Dirección Xeral de Función Pública ditou o 27 de setembro instrucións sobre tomas de posesión e cesamentos derivados do concurso de traslados para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galiza.

Esas instrucións inciden na continuidade do dereito a flexibilización ou teletraballo das persoas que concursen en canto que o dereito quedaría en suspenso até que no novo posto de traballo se resolva favorablemente, e xa que logo, transitoriamente se perdería o dereito.

Dado o prexuízo que podería causar a un importante número de funcionarios e funcionarias, a CIG contactou con Función Pública para solicitar unha aclaración das instrucións. Lembrámoslles o que se estableceu para o concurso do ano 2014: "Todos os/as empregados/as que cambien de posto de traballo por algún dos motivos sinalados e teñan concedida algún tipo de flexibilidade, manterán o seu horario flexible, sen prexuízo da súa revisión por necesidades do servizo. A tal efecto, a unidade de xestión de persoal, da consellería ou organismo onde vaia a prestar servizos o empregado público, deberá comunicar ao centro directivo de que dependa o posto adxudicado, o horario asignado ao traballador ou traballadora, co fin de valorar a súa incidencia nas necesidades do servizo."

A resposta recibida pola CIG foi que Función Pública emitiría unha nova instrución ou unha aclaración da xa emitida, que resolvería o seguinte:
- As persoas que teñan concedido teletraballo terán que volver a solicitalo.
- As persoas que teñan concedida a flexibilidade continuarían co dereito, subsceptíbel de ser revisado posteriormente segundo a natureza das súas funcións.

As novas instrucións ou aclaracións serían remitidas aos departamentos de persoal.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...