Novas por contido

Dende a CIG-Autonómica estamos estupefactos coa manipuladora e capciosa contestación de Rogelio Martínez ao comunicado da CIG no que denunciabamos ás ilegalidades que está a cometer co traslado de traballadores do Carballiño a Cabeza de Vaca. Na súa contestación fala de que se trata “dun tema persoal” dende a CIG parécenos lamentable que teña que recurrir a este tipo de argumentos cando sabe perfectamente que o mundo non empeza e remata no seu embigo e cando sabe perfectamente que a nosa postura ven determinada polas políticas de imposición que está a seguir o Partido Popular nesta cuestión. O que pasa é que non ten argumentos para soster a súa postura e o quere levar a un tema persoal no que nunca estivo nin estará.

O que ten que facer Rogelio Martínez é voltar á legalidade e facer as cousas como marca o V Convenio xa que minte ao dicir que se respecta o mesmo cando claramente se está a vulnerar o artigo 43º que é o que se ten que aplicar en caso de traslado dun centro de traballo e marca o procedemento establecido e, este é, negociación cos representantes das/os traballadoras/es, acordo e posterior comunicación ao persoal afectado. Rogelio Martínez comezou a casa polo tellado e comunicou aos traballadores unha decisión que ten que ser negociada evidenciando, así, mostras de totalitarismo que dende a CIG rechazamos frontalmente. Como é posíbel, logo, que antes de ter a primeira xuntanza co Comité xa os traballadores tiveran a carta na que se obriga ao traslado? O convenio establece literalmente “O traslado ... deberá ir precedido dun período de consultas cos representantes legais dos/as traballadores/as, de duración non inferior a 15 días...”. Non entendemos se na linguaxe do Partido Popular ir precedido significa outra cousa xa que a CIG ten unha comunicación da decisión adoptada o día 29 de decembro e unha convocatoria de reunión que saíu da Consellaría o día 5 de xaneiro. A nós que nos expliquen como é posíbel cumprir a legalidade actuando así...

Contesta tamén Rogelio Martínez con respecto do traslado e da postura da CIG-Autonómica que “é un problema deles e non dos residentes nin dos traballadores da residencia”. Dende a CIG lembrámoslle que somos representantes lexítimos dos traballadores/as da Consellaría de Traballo e Benestar con presencia maioritaria no seu Comité de Empresa

Con respecto ao traslado dos residentes á Residencia de Tempo Libre do Carballiño o superdelegado comenta que “non reúne os requisitos”. Curiosa e temeraria parécenos esta afirmación cando, nestes días, a Consellaría de Traballo e Benestar organiza o programa “Xuntos polo Nadal” que leva a 120 maiores á Residencia do Tempo Libre e segundo o propio programa “quere que as persoas maiores que polo Nadal se atopen soas, pasen estas datas compañadas nun clima de convivencia e participación” gustaríanos saber, logo, se considera que os requisitos dos que fala soamente se dan polo Nadal como o turrón.

Rogelio Martínez di tamén que os residentes van a estrear un módulo novo e que estarán nel cinco meses cando sabe perfectamente que as obra van duran moito máis dese tempo e, oculta, interesadamente que, co seu método, elimina máis de 30 prazas de residentes na provincia de Ourense e non sabemos o que van a facer con elas pero na CIG moito nos tememos que vai iniciar un proceso tendente á privatización da Residencia do Maior do Carballiño.

Por último reiterar que a CIG-Autonómica tomará todas as medidas legais e xurídicas para restablecer a legalidade e convidamos ao Delegado da Xunta a utilizar o sentido común antes de tomar medidas que despois sexan moito máis complicadas de arranxar.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...