Novas por contido

Ven de comunicar a Dirección Xeral de Función Pública que van publicar no DOG do 22 de novembro o Acordo sobre o recoñecemento do tempo do servizo militar ou equivalente para o cómputo de trienios (dereito recoñecido no artigo 26.1 do V Convenio Colectivo).

Logo da correspondente publicación do acordo, todo o persoal laboral que dispoña da certificación expedida polo Ministerio correspondente poderá achegala á Dirección Xeral da Función Pública.

No seu día a CIG interpuxo un Conflito Colectivo para o recoñecemento do Servizo militar para o computo dos trienios do persoal laboral do V Convenio Colectivo da Xunta de Galicia. Os letrados da administración contactaron cos servizos xurídicos da CIG para pospoñer o xuízo de cara a unha negociación. O xuízo foise aprazando ata lograr un acordo favorable as nosas pretensións e a aquelo que as sentenzas previas viñan recoñecendo.

Co Acordo xa pactado, a CIG desistiu do Conflito Colectivo presentado. O pacto consiste en:

  • Recoñecer os servizos prestados durante o tempo de duración do servizo militar ou equivalente para o computo de trienios.
  • Terá efectos económicos dende a reclamación administrativa previa desestimada pola administración para aqueles traballadores que non o teñan recoñecido xudicialmente por sentenza definitiva e firme.
  • As novas solicitudes resolveránse aplicando a criterio da literalidad da norma.

Podes contactar con calquer delegado/a da CIG para realizar a pertinente solicitude de recoñecemento.

Reclamamos a súa extensión tamén ao persoal funcionario, pois coa actual lexislación a estes só se lles recoñece o tempo de servizo militar se o realizaron sendo xa empregado público, non computándose o tempo de servizo anterior á condición de funcionario. O Director de Función Pública fai a observación de que esa extensión non é posíbel coa actual lexislación, existindo implicacións en normas básicas do estado. A CIG entende que os dereitos deben ser iguais para todos os empregados público.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...