Mira que o temos denunciado, pero por activa e por pasiva a Administración négase a regular esta maneira caciquil de prover temporalmente os postos. Di a Lei do Emprego Público de Galiza que a provisión por comisión de servizos deberá ser algo excepcional pero os datos din o contrario.

Podes ver que a resolución do concurso de tralados fixo limpa, pero xa comeza de novo a cousa a medrar. Observa que pasamos das 50 comisións de setembro ás 120 de outubro e ás 174 de novembro; ou sexa que pasa o concurso e voltamos a colocar a dedo. Como é natural baixan as prórrogas, pero agarda, agarda … uns meses.

Por outro lado fixemos a comparativa entre os postos adxudicados no último concurso de traslados de personal funcionario (outubro 2016) e a totalidade de postos comisionados este mesmo ano (ata a toma de posesión) e .. tachán: mira a comparativa; pois si, anda máis xente movéndose no acto (extraordinario) da comisión, que no acto (ordinario) do concurso.

Que conste que esto nós xa o sabiamos pero dicímolo por se alguén de Función Pública (para máis señas, o director) o le por casualidade e fai algo, por exemplo, poñer en marcha o concurso permanente ou fixa criterios obxectivos para as comisións.