Novas por contido

Na Mesa Xeral do xoves 1/12/2016, e na Comisión de Persoal do día seguinte, tratáronse as bases dos procesos selectivos para ingreso na escala superior de finanzas, técnica de finanzas, e axentes de gardacostas. Tamén tivemos ocasión de tratar outros asuntos, como o estado de diversos procesos selectivos que están actualmente en marcha, apertura dos rexistros os sábados, os días 24 e 31 de decembro, etc.

O proceso selectivo para axentes gardacostas, pertencente á OEP-2015, foi aprobada co voto en contra de CIG, CCOO, CSIF e UGT. O mesmo ocorreu co proceso para as escalas superior (OEP-2013) e técnica (OEP-2014) de Finanzas. As tres convocatorias están pendentes da súa publicación no DOG, cousa que debería ser antes de rematar o 2016.

Na Mesa, obtivemos información da situación de determinados procesos selectivos:

  • Promoción interna a corpos xerais:
    • A1: o terceiro exercicio será o 22/12/2016.
    • A2: as notas do segundo exercicio "deberían estar nuns días".
    • C1 e C2: pendentes da fase de concurso. Como moi tarde publicarase o 14 ou 15 de decembro.
  • Acceso libre a corpos xerais:
    • A1: 3º exercicio previsiblemente en xaneiro.
    • A2: 3º exercicio o 12 de xaneiro.
    • C1: 3º exercicio en xaneiro.
    • C2: exame de informática o 20 de decembro en Silleda.
  • Finanzas-A1 (OEP-2012): previsto o 4º exercicio en xaneiro.
  • Finanzas-A2 (OEP-2013): pendente exame de galego.
  • Finanzas-A1-Promoción Interna-OEP 2015: remitirán borrador en xaneiro ou febreiro. Terá temario e probas recortados.
  • Veterinarios e delineantes: serán as seguintes convocatorais que sexan discutidas na Mesa Xeral e Comisión de Persoal.
  • Procesos selectivos sen convocar: a CIG lembra que ante a demanda da CIG pola OEP-2016, representantes da Administración aseguraron que as convocatorias serían antes do verán. Tamén que temos pendentes convocatorias dos anos 2014 e 2015.

Peche de rexistros en sábado, e especialmente por coincidir o 24 e 31 de decembro en sábado: a CIG enviou dous escritos (o último fai un par de semanas). Coa norma actual que fai que os sábados xa non sexan hábiles non ten sentido que abramos os rexistros eses días; outras administracións xa o fixeron. Solicitamos que se pechen as oficinas o 24 e 31 este ano e sentarnos a falar do resto de sábados. Resposta o Director Xeral de Función Pública que é criterio deles manter abertas as oficinas, pero falarán con vicepresidencia por se houbese cambio de criterio.

Oficina Agraria Comarcal de Lalín: a CIG denuncia que está ubicada nun local en malas condicións, non cumpre moitos requisitos mínimos para ser un centro de traballo, moito menos para traballar con mostras recollidas nas explotacións gandeiras que son almacenadas na oficina, trátase dun primeiro andar sen ascensor con imposibilidade de acceso a persoas con limitacións físicas. Espazos insuficientes, altura dos teitos mínima, instalacións anticuadas, etc. Enviouselle escrito á conselleira de Medio Rural por parte dos traballadores, pola Xunta de Persoal , etc para ter unha entrevista e non se respostou, o que obrigou a enviala a Valedora do Pobo. Queremos, ter unha entrevista coa Conselleira ou co Secretario Xeral, e dado que o contrato de aluguer do local esta próximo a rematar, que se nos indique que tramites esta facendo a consellaría para solucionar este asunto e atopar unhas instalacións dignas e adecuadas. O Director de Función Pública comprométese a trasladar o problema a Medio Rural.

Bombeiros forestais e segunda actividade: a CIG lembra que o acordo asinámolo fai case tres meses. Nel di que no prazo dun mes negociariamos o procedemento para a segunda actividade. Cando nos van convocar para desenvolver o acordo de bombeiros forestais e segunda actividade? Informa o Director que Medio Rural está a traballar xa na segunda actividade. Comprométese a tratalo inmediatamente.

24 e 31 en politica social: a CIG interpuxo conflito colectivo pola negación deses días ao persoal que presta servizo nos centros de Política Social. O Director de Función Pública comprométese a falar do tema.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...