Segundo información da Dirección Xeral de Función Pública, o vindeiro martes 28 de febreiro publicaranse no DOG as resolucións de actualización provisional de méritos correspondentes ao ano 2016 e a de apertura e peche de listas de contratación para a incorporación de novas solicitudes. Respecto das listas abertas en período excepcional no mes de novembro das categorías de xefe/a de cociña e camareiro/a-limpador/a, Función Pública aínda non nos informou da data na que se publicarán as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as.