A semana pasada delegadas da CIG mantivemos unha xuntanza con José Luís Canosa, Subdirector Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Ed. O.U. para poder tratar de primeira man unha serie de problemas que se están a dar de xeito frecuente nos centros de ensino.

Entre os diversos temas tratados lle plantexamos unha problemática que se da soamente nesta consellería, que é a imposibilidade dos traballadores de educación para poder acceder a traballos de superior categoría dentro da mesma consellería.

Dado que o persoal laboral non ten concurso de traslados de xeito regular, o último é do ano 2012 e as últimas oposicións son do ano 2006, consideramos que esta seria unha oportunidade de mellora para os traballadores.

Unha vez debatido sobre o tema e quedando aclarado que Educación estivo a facer unha interpretación do convenio colectivo distinta das outras consellerías e que esta restrición so lles afectaba de xeito interno o persoal propio. Acadamos o compromiso de que se lle ía permitir o persoal laboral o acceso a traballos de superior categoría dentro da mesma consellería.

Esperamos que se cumpran os compromisos adquiridos con esta central sindical e se poñan en marcha o antes posible.