O día 1 de febreiro de 2010 houbo unha xuntanza entre Función Pública e os catro sindicatos máis representativos (CIG, CCOO, UGT e CSIF) para negociar o concurso de traslados de persoal laboral da Xunta de Galiza.

Á vista da sentenza que resolve a demanda 12/2009 interposta por CCOO para a anulación de, entre outros artigos, o concurso de traslados de persoal laboral, a CIG pediu un informe da asesoría xurídica da Xunta para que se pronuncie sobre o alcance da mesma.


Dende a CIG parécenos un exercicio de cinismo e falta de responsabilidade absoluta por parte de CCOO a presentación da demanda nestes termos (pedir a anulación do concurso).

No caso de que non se produza a convocatoria do concurso de traslados de persoal laboral será CCOO e a CSIF, que se sumou á demanda, a a quen o persoal laboral da Xunta lle terá que esixir responsabilidades.

O engano e a traizón destes señores de CCOO chega até o punto de asinar un acordo de emprego onde se recolle o concurso de traslados, de participar nas mesas de negociación, de presentar alegación ás bases do concurso e, por outra banda, presentar unha demanda para que se anule o concurso.

  • Este é o sindicalismo ao que CCOO se adica.
  • Esta é a forma de defender os intereses dos traballadores e traballadoras que practican.