Novas por contido

A Xunta ven desatendendo dende hai anos os equipos de valoración da discapacidade (EVO) que son os que determinan o grao de discapacidade das persoas que así o solicitan. A falta de persoal fai que o tempo de espera media dos usuarios sexa de ano e medio ou dous anos.

Ante isto se lle ten reclamado á Administración incrementar os equipos multidisciplinares dos EVO, xa que esta tardanza non ven derivada dun pico de traballo senón que é estrutural o cal implica que se debería incrementar o número de equipos e a creación de postos para axilizar a xestión dos expedientes de incapacidade, creando postos de médicos, psicólogos e traballadores sociais.

A solución da Xunta ante este problema estrutural é poñer un parche, que resulta aínda máis custoso que a contratación de persoal: a través dun convenio de colaboración SERGAS- Consellería de Política Social, ofrece peonadas ao persoal médico do SERGAS para que mediante horas extras faga a tarefa que lle corresponde a estes equipos.

A CIG esixe da Xunta de Galiza o incremento de postos de traballo afectos aos equipos de valoración da discapacidade e non máis parcheos tipos acúmulos de tarefas ou horas extras.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...