Novas por contido

Cúmprense nestas datas cinco anos da creación e posta en funcionamento da AMTEGA, ese monstro creado polo amigo Feijoo cun único fin: contratar os seus servizos a empresas externas.

Aos poucos, a AMTEGA foi apropiándose dos recursos humanos, materiais e económicos que antes dependían das consellerías, para conseguir facer una xestión máis opaca dos recursos e multiplicar os contratos ás empresas amigas. O seu afán devorador non ten límites: o último en caer no seu bandullo foi o CIXTEC, suprimido na disposición adicional quinta  da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación; semella ser insaciable!Pastel da celebración dos 5 anos da AMTEGA

Mentres, o persoal integrado na AMTEGA pasa por todo tipo de malos tratos da Xerencia e da Dirección. Seguimos á espera de que nos reúnan para tratar:

  • Homologación salarial do persoal laboral informático. Situación que se remonta ao ano 1993 e que os representantes da CIG expuxeron reiteradamente en varias reunións cos representantes da AMTEGA e da Xunta, sen que até o momento eses responsábeis teñan convocado unha reunión para chegarmos a unha solución definitiva.
  • Concurso de traslados. O último resolveuse o 02/04/2014, hai xa tres anos. Teremos que esperar oito anos coma a vez anterior?
  • Teletraballo. Seguimos igual neste tema. Ás persoas que solicitaron até tres xornadas por semana só se lles concede unha. Isto xa chegou á institución do Valedor do Pobo.
  • Centros de destino na RPT. Solicitamos a modificación da RPT para crear diferentes centros de destino, de xeito que reflicta a realidade das variadas localizacións e a dispersión do persoal, sobre todo no caso de Santiago de Compostela.
  • OPE Informática. Ausencia e non convocatoria de postos de informática nas últimas OPE da Xunta. Mentres noutras administracións se incrementou a oferta nos últimos anos, na Xunta é inexistente. Por exemplo, na AGE convocáronse nos últimos tres anos máis de 700 postos de persoal informático.

E poderíamos seguir con máis cousas como: centros de traballo nos que o persoal informático está amoreado, con humidades e cambios de temperatura brusca; oferta formativa específica escasa; funcionarización do persoal laboral informático; creación do grupo B; contratación externa salvaxe das tarefas do persoal informático en empresas amigas...<ironic> Pero tampouco hai que ser avariciosos e deixarémolo para o décimo aniversario! </ironic>

Desde a CIG seguiremos loitando para revindicar os dereitos de todos os traballadores da AMTEGA e dignificar o traballo do persoal informático da xunta.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...