Novas por contido

O PP volta a votar en contra da ampliación da duración do contrato de traballo de tres a nove meses do persoal de reforzo do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF).

A Proposición non de lei (Pnl), presentada pola CIG aos grupos Parlamentares o pasado mes de febreiro, foi levaba a debate no Pleno o pasado martes 25 de abril por En Marea, co apoio de PSOE e BNG, e o voto en contra do PP. Varios delegados e delegadas da CIG asistimos convidados ao debate no Pleno.

Durante as intervencións, todos os grupos da oposición defenderon o apoio á Pnl, afondando na necesidade de adaptar o dispositivo do Spdcif ás novas necesidades (novos tipos de lume) e ao novo marco lexislativo que deseñou a Lei de protección civil vixente dende xaneiro de 2016, que situa a este dispositivo como parte do operativo de emerxencias; desaparece entón a motivación inicial de seren contratados exclusivamente para a tempada de alto risco, tanto pola desestacionalización dos lumes como polo feito de que as emerxencias se producen ao longo de todo o ano, non só nos meses de verán.

Sumemos a isto a precariedade a que a administración somete a este colectivo con contratos nos que os ingresos están por debaixo do 75% do salario mínimo interprofesional, e en situación de alegalidade fora do V convenio colectivo ao que o contrato os vencella, feito denunciado pola CIG e avalado por máis de 50 sentenzas en primeira instancia.

Fixeron todos os grupos da oposición mención á deriva privatizadora da Consellería do Medio Rural, con especial fincapé no aumento do tempo de contrato e funcións das brigadas privadas helitransportadas e incidindo na necesidade dun dispositivo único, público e profesional de prevención e extinción de incendios.

A intervención do PP, a cargo de Silvestre Balseiros, estivo chea de alusións erradas ao decreto de listas para a contratación do persoal laboral da Xunta. Tamén xustificou a creación das prazas de tres meses como unha mellora na calidade do emprego para estas traballadoras do Spdcif.

Na votación, só o Grupo Parlamentar do PP votou en contra.

Dende a Cig seguiremos traballando para reverter esta situación de precariedade do persoal de tres meses, e adaptar o Spdcif tal e como marca a lei aos novos tempos como servizo de emerxencias, a maiores das funcións de prevención e extinción estamos incluídos, queira o PP ou non.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.