En xuntanza mantida o 3 de febreiro co Director Xeral da Función Pública, presentounos o cronograma estimado para os procesos pendentes. Para bos entendedores: se función pública é quen de cumprir as suas previsións, teremos que felicitalos.

  • Concurso de traslados de persoal funcionario-corpos xerais: marzo-abril, resolto en setembro.
  • Concurso de traslados de persoal funcionario-especial: xuño, resolto en outubro.
  • RPT veterinarios/as: inmediato.
  • Concurso de traslados de persoal laboral: queda aprazado, pois non se pode publicar pola anulación xudicial de varios artigos do convenio por obra e graza dunha demanda de CCOO (á que se sumou CSIF).
  • Convocatoria do grupo V de persoal laboral, procesos de consolidación (concurso-oposición): febreiro.
  • Convocatoria dos grupos I a IV de persoal laboral, procesos de consolidación (concurso-oposición): maio-xuño.
  • Toma de pose do 2005 (persoal laboral): preguntamos se afectaba a sentenza, e non nos contestaron (din que farían a pregunta aos servizos xurídicos).