O día 5 de xuño convócannos a unha xuntanza para tratar o baremo dos futuros concursos de traslados.

Tras examinar o borrador de corpos xerais, dende a CIG Ourense queremos denunciar estas barbaridades:

  • Redución do peso da antigüidade: 0,5 puntos menos.
  • A excesiva valoración da experiencia na mesma área funcional: 0,25 por cada ano ou fracción superior a 6 meses.
  • A substitución dos criterios de valoración dos niveis por o “nivel destino medio” e ter en conta o tempo traballado en
    comisión de servizo/adscrición.
  • A limitación de cursos aos últimos 2 anos e a partir de 20 horas.
  • Xa non contan os cursos de Escola Galega de Administración Sanitaria, Academia Galega de Seguridade Pública, universidades, Servizo Público Estatal de Emprego, Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
  • Non se valora a titulación académica distinta á requirida para o ingreso no corpo.
  • E moitas cousiñas máis...

Temos de prazo para presentar alegacións ata o día 19 de xuño. Podes facer as túas achegas en:
ourense@cigadmon.gal ou en Contactar coa CIG.

Contigo e coa CIG, a loita continúa!