Nova xuntanza da comisión de seguimento onde o DXFP detallou as diferenzas recollidas no derradeiro borrador de acordo:
•    Anexo de catálogo de funcións.
•    Anexo de relación de vacantes para a segunda actividade (24 prazas), das cales tres corresponden ao SPDCIF (III.63 Oficial 1ª conductor), o resto, a outros centros da Dirección Xeral de Ordenación Forestal.
•    Modelo de solicitude para acollerse á segunda actividade, modelo que sairá publicado no DOG.

Outras cuestións que aclarou a Función Pública e que quedaran pendentes de fixar na derradeira xuntanza:

•    Persoal laboral temporal. NON TEÑEN PREVISTO INCLUÍLOS NO ACORDO.
•    Aptos con restriccións. TAMPOUCO SERÁN ENGLOBADOS NO ACORDO. Detalla o DXFP que logo da sinatura do acordo, comprométese a comenzar unha negociación, negociación en termo xeral, non só para ó SPDCIF.
•    Creación de postos naqueles casos nos cales non exista a posibilidade de adxudicar algún dos recollidos no anexo do acordo, dacordo co seu ámbito territorial, postos con código 0.
•    Comisión de Seguimento. Constatan que manterán a comisión específica para o tratamento deste acordo.

A CIG perante o panorama nada alagüeño que se nos presentou incidimos nas nosas alegacións que se detallaron na xuntanza do 31 de maio. Remarcamos a posibilidade de perda de poder adquisitivo por persoal que se acolla á segunda actividade, xa que deixaría de percibir a productividade máis a nocturnidade, ascendendo ditas contías a cifras considerábeis mesmo para un grupo V de persoal laboral.

Dada a redacción do borrador de acordo non queda claro ó persoal laboral que terá destinado as labouras preventivas recollidas no texto; para aqueles que collan praza vacante do catálogo de categorías ou para quén??? Demandamos unha redacción do acordo máis lexíbel. Reclamamos a cobertura das prazas vacantes que deixen os/as adxudicatarios/as da segunda actividade mediante as listas de contratación temporal da Xunta de Galiza e, qué confirmen o número de prazas que poden chegar a crear en RPT para a súa cobertura mediante a segunda actividade. En definitiva, vemos carencias no texto do acordo, onde por deixar de lado, esquécense sen ningún tipo de acritude do persoal laboral temporal máis dos aptos con restriccións, persoal con limitacións que obrigatoriamente deberían pasar á segunda actividade, de cara a mantér unha maior operatividade do operativo de extinción de incendios forestais.

A CIG subraiou a necesidade de que no acordo para a aplicación da segunda actividade deberá reflexar alomenos, aos efectos dun posíbel apoio ao citado acordo nas diferentes mesas de negociación polas que deberá transitar, a aplicación do acordo ao persoal laboral temporal, a inclusión do persoal con limitacións prescritas, así como unha asignación de prazas no mesmo ámbito territorial, coa necesidade de mantér unha unidade de traballo eficiente e que desenrolará as labouras preventivas que detallamos nas nosas alegacións.

Logo das intervencións da parte social, onde non todas as forzas sindicais mantivemos o mesmo criterio co fin de conquerir o mellor texto posíbel, o DXFP voltou reseñar algúns criterios que terán que valorar e outros que non teñen previsto mudar:

a) Apto con restriccións. Non os van incluir no acordo. Valoran a necesidade de negociar con carácter xeral a situación deste persoal.
b) Persoal temporal. Xurídicamente non é posíbel incluír a este persoal no acordo. Tampouco xustifican o porqué.
c) Postos concretos. Serán ocupados en segunda actividade pero sempre por persoal do mesmo grupo e dispondo da titulación correspondente.
d) Cobertura por listas do decreto. As substitucións que sexan necesarias serán cubertas polas listas de contratación. Isto significa que dita cobertura ó determinará a propia administración.
e) Fixos descontinuos. Valorarán a posibilidade de que persoal fixo descontinuo ocupe praza de 12 meses.
f) Pretensión de limitar por cada solicitude un número determinado de categorías.
g) Comisión de seguimento. Manteñen dita comisión.
h) Retribucións. O persoal que se acolla á segunda actividade cobrará dacordo cos complementos recollidos na RPT. No caso de merma económica aplicarán un complemento para o posto.

Previsiblemente, na vindeira xuntanza da comisión de seguimento do acordo de bombeiros forestais a celebrar o día 6 de xuño de 2017, a administración dará por rematado o proceso negociador da segunda actividade. Para elo, achegarán novo borrador de acordo.