Novas por contido

Posta en marcha da recollida de sinaturas acordada cos traballadores e traballadoras do SPDCIF na asemblea celebrada en Silleda o pasado 21 de xuño.

Dando cumprimento aos acordos acadados na asemblea de Silleda, CIG e CSIF veñen de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas para esixir a convocatoria de OEP para a cobertura de tódalas vacantes existentes no SPDCIF como persoal laboral, prévio a calquér proceso de funcionarizacióndenunciar a estafa que supón para os traballadores e traballadoras temporais o gravísimo incumprimento da Xunta de Galiza do seu compromiso de publicar as convocatorias de acceso libre das oposicións ás prazas de persoal laboral do SPDCIF ofertadas na OEP do ano 2016, máis aínda cando ten previsto convocar de forma inminente a promoción interna.

Os documentos coas sinaturas dos traballadores e traballadoras remitiránse ao Presidente da Xunta de Galiza, presentándose por rexistro o vindeiro día 14 de xullo, día no que está convocada a MANIFESTACIÓN a prol das oposicións de persoal laboral do SPDCIF e contra a precariedade e a inestabilidade laboral.

Dende CIG máis CSIF instamos a todos os traballadores e traballadoras do SPDCIF a participar activamente nestes actos reivindicativos para garantir o dereito de todos e todas a estabilizar os seus postos de traballo e rematar coa vergoñenta taxa de temporalidade existente no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galiza.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...