Ante as dúbidas e conflitos que están a suceder con algunhas xefaturas de distrito coas vacacións dos axentes forestais e medioambientais, dende a CIG aclaramos que as/os axentes forestais e medioambientais son persoal funcionario regulado pola Lei de Emprego Público de Galicia coa seguinte normativa de aplicación:

  • Artigo 50 do RD 5/2015, texto refundido do Estatuto básico do Empregado Público.
  • Artigo 132 da LEPG (lei 2/2015 do 29 de abril).
  • O traballo a quendas queda previsto  na instrución número 5 da resolución de Función Pública sobre vacacións permisos e lincenzas, de febreiro de 2016 que, grazas a acción sindical, resolve a dúbida que había da forma de coller os días hábiles de vacacións, sinalando que os hábiles son os días de traballo en cartelera.

No caso do persoal da escala de axentes forestais a  Orde do 21 de marzo de 2005 que traspón para a súa publicidade o “Acordo de condicións de traballo dos axentes forestais” a CIG interpreta que queda derrogado por caducidade logo do esgotamento das prorrogas previstas na lexislación e pola LEPG (disposición derrogatoria primeira).

Recorda que as vacacións coma os permisos solicítanse polo Portax, que o mellor é coordinarse co compañeiros/as para manter o servizo cuberto e que os dereitos de vacacións non se pode denegar agás xustificación expresa e por escrito.

As vacacións son un dereito conseguido con grandes loitas históricas e non podemos permitir que se poñan en cuestión.

CONTIGO E COA A CIG, A LOITA CONTINÚA…