Novas por contido

O 14/07/2017 a CIG denuncia á Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Ourense perante a Inspección de Traballo e Seguridade Social por incumprimentos graves en materia de prevención de riscos laborais e seguridade.

Dende o apagón analóxico en decembro de 2016, o persoal e usuarios/as do Parque Natural do Invernadoiro están totalmente incomunicados (non hai nin emisoras nin cobertura móbil), situación que se mantén a día de hoxe. Non se respectan as medidas preventivas mínimas que garantan a seguridade e saúde e a vida das persoas. Non existe Plan de Emerxencias e Evacuación e a Avaliación de Riscos co plan preventivo, de habelo, é descoñecido polos traballadores, non existe ningún protocolo de traballo e evacuación, non hai información nin formación en materia de seguridade e primeiros auxilios.

As instalacións non dispoñen dun botiquín adecuado, feito mais grave pola situación de aillamento territorial e de comunicación na que se atopan. Ademais o persoal non ten EPIs, a maquinaria está obsoleta, non teñen roupa adecuada para as tarefas e que os protexan das oscilacións térmicas características desta provincia e da alta montaña, e os vehículos non son avaliados tendo algún de mais de 300.000km.

Esta situación faise en moitos casos extensiva a moitos centros da Galiza, xa que o persoal da Dirección Xeral do Patrimonio Natural non ten emisoras dende o 1 de xaneiro de 2017.

Dende a CIG temos denunciado esta situación de falta medidas preventivas e comunicacion perante o Servizo de Prevención e a Consellería de Medio Ambiente sen que houbese resposta e se actuara para minimizar os riscos.


CONTIGO E COA CIG:  A LOITA CONTINÚA!

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...