Novas por contido

A CIG, xuntamente con CCOO, UXT e CSIF, presentou demanda de conflito colectivo pola modificación substancial das condicións de traballo nos centros de Cultura; conflito que afecta ao persoal laboral dos arquivos, bibliotecas e museos.

Aínda que o persoal funcionario carece deste instrumento que é o conflito colectivo, e polo tanto non podemos actuar do mesmo xeito, dende a CIG temos claro que de gañalo co persoal laboral habería que estender os efectos ao persoal funcionario.

O obxecto do mesmo non é a implantación do sistema de control horario Kronos, senón a vulneración do establecido no V Convenio Colectivo xa que na maior parte destes centros de traballo había pactos entre os representantes dos traballadores e as direccións dos centros para o establecemento dun horario ou xornada distinta da regulada no artigo 18.1. do V Convenio.

A implantación dun novo horario esixe a negociación cos representantes legais dos traballadores; negociación que non existiu xa que dun día para outro mudouse a xornada semanal e os horarios.

Dende a CIG, aínda discrepando do sistema de control horario Kronos polo seu custo económico e pola utilización perversa do goberno do PP xa que na súa implementación utilizou á prensa subvencionada para demonizar aos/as empregados/as públicos/as ao acusalos de incumprimento da xornada laboral, entendemos a obriga de desenvolver a totalidade da xornada. Pero tamén amparamos o dereito daqueles traballadores que, vía negociación colectiva, gocen dunha xornada inferior a máxima establecida.

O conflito colectivo non é unha xudicialización das relacións laborais

Coa presentación do conflito colectivo queremos que, amparando o dereito dos traballadores que teñan unha xornada inferior a máxima, serva para a negociación das condicións de traballo dos empregados públicos cara a derrogación da Lei 1/2012 que suspendeu o descanso adicional polo traballo en domingos e festivo e tamén para a derrogación da suspensión do artigo 19 do V Convenio que permitía o descanso semanal de dous días continuados.

Está a pelota, polo tanto, no tellado da Xunta: o conflito colectivo está en marcha e só un acordo que restitúa a situación o vai poder evitar.

Outras novas recentes

Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...