A empresa UTE-INAER Galicia (actualmente Babcock) /Consultoría Natutecnia, SL, foi contratada pola Xunta de Galiza Consellería de Medio Rural  para o servizo dun helicóptero e unha brigada, con destino ao SPDCIF durante os anos 2015, 2016 e 2017 (con prorrogas ate 2019) destinado na base Ourensán de Toén no distrito forestal XII Miño-Arnoia (Expediente 15/2015).

Esta empresa  concesionaria leva dende outubro do 2017 sen o helicóptero Puma con matrícula EC-JYE, e co helicóptero Bell 412 con matrícula EC-MKS substituíndo ao anterior.

A concesionaria está incumprindo dende outubro o artigo 7 do Prego de prescricións técnicas que rexen a contratación dun servizo integrado dun helicóptero e brigada, con destino á prevención e defensa Contra incendios forestais durante os anos 2015, 2016 e 2017 (Expediente 94/14-I) 'As empresas licitadoras deberán presentar unha ou un conxunto de aeronaves de substitución de características similares ou superiores ás ofertadas na licitación, sendo preferible que sexan do mesmo modelo que estas'.

Dado que  o helicóptero de substitución non cumpre as características do Prego de prescricións técnicas, artigo 2.3 'características técnicas do helicóptero de tipo pesado', no tocante ao peso do aparato, capacidade de persoal de transporte, capacidade mínima do 'Bamby Buckett' entre outras.

Ante todo este cúmulo de irregularidades e incumprimentos a CIG ven de solicitar a rescisión de contrato A Inaer Galicia (actualmente Babcok)/Consultoría Natutecnia SL por incumprimento reiterado das prescricións técnicas do servizo (artigo 10.10 do Prego de cláusulas administrativas).