Novas por contido

Na Comisión de Persoal do mércores 28 aprobáronse as ordes de convocatoria de varios procesos selectivos, tanto para acceso libre como para promoción interna. A publicación no DOG sería antes de mediados de marzo, data límite para que non caduque algún dos procesos por tratarse de Ofertas de Emprego Pública (OEP) de fai varios anos.

Facendo un resumo moi por riba, a CIG defendeu: fuxir das probas subxectivas (como desenvolvemento escrito de temas, lectura e exames orais) ou alternativamente puntuar con maior peso as probas obxectivas; concurso-oposición; substituír temas por normas legais; procesos áxiles; promoción interna vertical, horizontal e cruzada, do 50% e separada do acceso libre; etc. Se queres información polo miudo contacta coa CIG por internet ou en persoa na túa comarca.

O voto da CIG na Comisión de Persoal foi en contra de todos os procesos de libre e daqueles con exames de temas en promoción interna, e a favor dos de promoción interna con probas obxectivas. UGT votou en contra de todos e o CSIF a favor de todos; o voto de CCOO variou.

Finanzas

Informática

Corpos xerais

Tamén están pendentes de publicación no DOG os seguintes procesos aprobados na Comisión de Persoal do 22/12/2017:

Xa enviaron borrador e presentamos alegacións, pendentes de ser convocados para discutir os procesos de:

A CIG defende uns procesos áxiles, coa OEP publicada a comezos de cada ano e os procesos selectivos rematados nese mesmo ano. Lamentamos que Función Pública decidira, co beneplácito dalgún sindicato, que os primeiros exercicios non serán ata 10 meses despois da publicación da convocatoria. Xa que logo, en todos estes procesos os primeiros exercicios serán polo 2019 (eleccións municipais por maio), polo que nalgún caso veremos como as persoas que o superen comezarán a traballar no 2020 (ano de eleccións ao Parlamento de Galiza). Esto sempre que vaia todo ben.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...