Dende a Dirección Xeral de Función Pública achegáronnos hoxe o borrador da resolución pola que se modifican algúns aspectos relacionados coas listas de substitución. Nesta resolución se acorda o peche dalgunhas listas, reábrense outras por mor da resolución de determinados procesos selectivos, elimínase a obriga de presentar o DNI coa solicitude e se establece como únicos modelos válidos de solicitudes, a partir do 1 de marzo, os que xerados a través da correspondente aplicación da seguinte páxina web da Xunta de Galicia.

Nesta resolución inclúese un anexo I e II nos que se relacionan as listas que están pechadas neste período que comeza o 1 de marzo e as listas que están abertas, estes anexos aínda non están revisados polo que poden conter algún dato erróneo. A intención da DXFP é enviar ao DOG  a resolución o próximo luns para que se puidera publicar entre o 25 e o 26, xa que  afecta as novas solicitudes. Ata entón podedes comunicarnos as vosas alegacións a través dos nosos foros.

Por outra banda, infórmasenos de que a próxima semana publicarase a actualización provisional de méritos.